18 de Diciembre, Día Mundial de las Migraciones

18-d_01Ayer jueves 18 de Diciembre, varias organizaciones de la ciudad celebraron el Día Mundial de las Migraciones con una concentración ante el Mercado de Las Conchiñas.

Desde las 18h30 se estuvieron repartiendo a los viandantes volantes con el manifiesto del Foro Galego da Inmigración y pulseras con la inscripción “Tod@s somos inmigrantes”.


Convocado por el Foro Galego de Inmigración y los colectivos Forum Propolis, Agra Humanista, Mediomundo-Uruguayos en Coruña, Marcha Mundial das Mulleres, Aseser Teranga, Asociación Veciñal AGRA, Corrente Vermella y Partido Humanista de Galicia, el acto consistió en el reparto de pulseras y volantes y la lectura final del manifiesto a las 20h30.

Texto del Manifiesto:

18 de Decembro
DÍA MUNDIAL DAS MIGRACIÓNS
O Foro Galego de Inmigración neste día 18 de Decembro que celebramos o DÍA MUNDIAL DAS MIGRACIÓNS quere facer público o seguinte COMUNICADO:

1. Recordar que  o dereito a emigrar, a circular libremente polos diferentes países e territorios, é un dereito humano fundamental recoñecido pola Declaración Universal que acaba de cumprir 60 anos de vixencia.
2. Que as persoas inmigrantes vimos aquí para atopar un lugar no que poidamos vivir coas nosas familias en condicións dignas, pero que tamén contribuímos de forma notable ao desenvolvemento económico, cultural e social de Galicia e de España nos últimos anos.
3. Que as persoas inmigrantes aportamos a nosa forza de traballo, pero tamén as nosas culturas, valores, ideas e coñecementos. A maior parte das veces non temos outra alternativa que emigrar dos nosos lugares de orixe, aínda que non nos guste e sendo conscientes de que os nosos países quedan máis empobrecidos coa nosa marcha.
4. Que a maior parte das persoas inmigrantes residentes aquí optamos por desenvolver neste país o noso proxecto vital e o das nosas familias,  e que independentemente da situación económica boa ou mala temos dereito a vir e/ou a seguir aquí.
5. Que as persoas inmigrantes pedimos neste contexto de crise como no de bonanza económica anterior,  igualdade de dereitos e obrigas con respecto ao resto da poboación. Somos e sentímonos tamén de aquí.
6. Por todo o anterior,  rexeitamos as medidas e propostas orientadas a limitar os nosos dereitos  individuais, laborais e sociais:
– A chamada Directiva Europea de Retorno, unida á proposta do goberno español de ampliar o tempo de estancia nos centros de internamento ata os 60 días.
– O programa de Retorno Voluntario, coa posibilidade de cobrar a prestación de desemprego acumulada de forma completa, ou a fortísima limitación dos catálogos de ocupacións de difícil cobertura.
– No horizonte, a anunciada limitación do noso dereito ao reagrupamento familiar ou a ampliación de prazo para poder acceder  ao arraigo social, cuestións que serían terribles de se converter en realidade  para moitos e moitas de nós e para as nosas familias.
7. Queremos solicitar tamén o máximo respecto para as persoas inmigrantes que estamos en situación irregular: que non se abran procedementos de expulsión se non hai indicios de delito, e que teñamos acceso de forma áxil e eficaz aos servizos e prestacións ás que teñen dereito as mulleres vítimas da violencia de xénero.
8. Cumpre exixir aos poderes publicos, aos gobernos, adoptar medidas que avancen no camiño da igualdade real de dereitos civís, laborais, etc., para todas as persoas que viven aquí, e que rompan coa criminalización que supón o avance do racismo e a xenofobia en certos sectores da sociedade golpeados pola crise.
Neste sentido ha dúas medidas imediatas:
– unha, a derogación da atual Lei de Estranxería sobre a que se sustenta o racismo institucional –o pior de todos,
– dous, os “papeis” para todos, única maneira de que rematen as persecucions aos “ilegais”; se todos temos “papeis” xa non se é “ilegal”, e polo tanto non perseguible por ise motivo.

Hoxe estamos aquí regalando pulseiras que poñen como lema que “tod@s somos inmigrantes” e celebrando este acto público para amosar o noso compromiso con esta sociedade na que vivimos e na que nos sentimos plenamente partícipes. MOITAS GRAZAS.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s