XORNADA DE MOBILIZACIÓN NACIONAL POR PALESTINA

cartaz_concentracion1

Compostela a 7 de Xaneiro de 2009

A petición de varias persoas, grupos políticos, sociais, sindicais e culturais asistentes ás mobilizacións contra a agresión sionista ao pobo palestino de Gaza, Galiza por Palestina convocou a todos os colectivos e persoas interesadas a unha xunta o mércores, día 7 de xaneiro, ás 19’00 horas na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela.

Asistiron e apoian particulares ademais de representantes das principais asociacións, partidos e sindicatos galegos; entre eles:

ACSUR Galicia; ADIANTE; Asemblea Republicana de Vigo; Asoc. Francisco Villamil; ATURUXO / A Ghentalha do Pichel; BNG; BRIGA; CIG; Comité Defensa das Rías Altas; Comités; Corrente Vermella; Cosal – Coruña; COSAL – Santiago; CUT; DSI; Esquerda Unida; Esquerda Unida- Vigo; FPG; Fuco Buxán; Fundación Araguaney; GALIZA NOVA; ISCA!; MARCHA MUNDIAL DAS MULHERES; Movemento pola Base; Mundo Sen Guerras; NÓS- UNIDADE POPULAR; Partido Comunista dos Pobos de España/ Colectivo dos mozos comunistas; Partido Humanista; PCPG; Plataforma Alternativa – Lugo; Plataforma de Lugo; Socialismo Libertario; Solidariedade Internacional de Galicia; Viraventos.

Tras escoitar todas as aportacións e opinións dos colectivos asistentes,acordouse unificar todas as concentracións locais nun mesmo día: Unha Xornada Nacional de Mobilización por Palestina o Sábado 10 de Xaneiro, ás 20.30h nas principias cidades e vilas galegas.

No caso de teren convocada outra data, manterase debido á urxencia da convocatoria.

Polo tanto comunicamos e informamos das seguintes mobilizacións xa confirmadas:

* VENRES, DÍA 9 DE XANEIRO.
Ferrol: Concentración ás 20:00 h, diante do Edificio de Xunta de Galicia, Praza Amada García.
As Pontes: Concentración ás 19:00 horas, na Praza do Hospital.
Ponferrada: Concentración, ás 20.30 horas na Praza do Concello.

* SÁBADO, 10 DE XANEIRO.
Ponteareas: Concentración ás 13:00 horas, diante do Concello.
Vigo: Manifestación ás 18:00 h, desde O Cruce da Vía Norte con Urzáiz que rematará na Porta do Sol.
Pontevedra: Manifestación Unitaria ás 20:00 horas, na Praza da Ferrería.
Santiago: Manifestación ás 20:00 h, desde a Praza do Toural ata Praza do Obradoiro.
A Coruña: Concentración ás 20:30 h, no Obelisco, Cantóns.
Lugo: Concentración ás 20:00 h diante da Subdelegación

O lema da marcha será :

GALIZA CON PALESTINA

NON Á MASACRE!

INFORMAREMOS DAS OUTRAS LOCALIDADES EN CANTO ESTEAN CONFIRMADAS.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s