Manifestación 27 de junio: “Dereitos iguais para todos”

Foro galego de Inmigracion

O Foro Galego de Inmigración pormove en reximen de autoconvocatoria unha manifestación-concentración de ambito galego o  dia sábado 27 de xuño de 2009 en Santiago de Compostela.

Partindo dende o Parque da Alameda e rematando en Praza de Praterias cun acto público. O lema é “dereitos iguais para tod@s” !!!

Todas as persoas e asociacións que queran sumarse a dita convocatoria remitir correo electrónico (foroinmigracionsantiago@yahoo. es) o desde nosso blog, hasta o día 22 de xuño.

MANIFESTO EN DEFENSA DA SOLIDARIEDADE COA POBOACIÓN INMIGRANTE

Ante o acoso policial que está sufrindo a poboación inmigrante en situación irregular e as persoas que lles prestamos apoio solidario, afirmamos que a solidariedade con este colectivo é unha conduta que ennobrece a quen a practica e unha obriga moral por razóns de reciprocidade histórica.

Lembremos que entre 1959 e 1973, dous millóns e medio de cidadáns e cidadás españolas emigraron a Europa, sendo a maioría delas emigrantes irregulares ou sen contrato de traballo.
Tampouco podemos esquecernos da débeda contraída cos países empobrecidos, que ten a súa orixe no período colonial, máis que sigue perpetuándose a día de hoxe a través de políticas internacionais que poñen os intereses económicos das nacións desenvolvidas por riba dos dereitos das persoas a poder vivir e traballar dignamente, ensanchando desa forma a brecha de desigualdade entre os pobos.
Ao mesmo tempo as guerras, os conflictos armados e a persecución política xeran millóns de persoas refuxiadas e desprazadas no mundo -concretamente, 37,4 millóns no pasado ano segundo os datos de ACNUR. É, por tanto, un deber ético evitar que calquera persoa inmigrante sexa deportada e enviada de novo á situación da que ven fuxindo.
Rexeitamos que a Unión Europea se converta nunha fortaleza inexpugnable para aquelas persoas que, na procura dunha vida mellor, se ven obrigadas a abandonar o seu país. En épocas aínda recentes, era a cidadanía europea a que buscaba o sustento noutras latitudes. Científicos, cineastas ou escritores tan relevantes como Albert Einstein, Marie Curie, Charles Chaplin, Victoria Ken, Margarita Nelken ou Mario Benedetti, foron inmigrantes ou descendentes deles. En Galicia, nomes como Curros Enríquez, Celso
Emilio Ferreiro ou Daniel Castelao van unidos á emigración ou ao exilio.
Rexeitamos o Anteproxecto de Reforma da Lei de Estranxeiría que, aínda que presenta algúns aspectos positivos, incorpora puntos que representan un claro prexuízo para os dereitos fundamentais do colectivo inmigrante, como a posibilidade da repatriación de menores de idade; o endurecemento das esixencias para a reagrupación familiar; a criminalizació n da solidariedade ou o intolerable incremento do periodo de estancia nos
centros de internamento.
Rexeitamos de igual modo a incentivación do retorno da poboación inmigrante mediante o pago acumulado das prestacións de desemprego. As e os inmigrantes debemos ser tratadas como persoas e non só como forza de traballo que interesa unicamente cando a situación económica nos necesita.
Finalmente, afirmamos con rotundidade que a inmigración é un proceso beneficioso.
Non só supón unha gran aportación económica por tratarse dunha poboación moi nova que contribúe co seu esforzo laboral a financiar as prestacións sociais, senón que o contacto entre as sociedades de acollida e as culturas foráneas implica sempre un mutuo enriquecemento humano.
Segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística, publicados en xaneiro de 2009, polo menos unha de cada 10 persoas que habitan no estado español é inmigrante.
Estas persoas son nosas veciñas, compañeiras de traballo ou de estudos; comparten conosco unha grande variedade de espazos e polo tanto é máis que probable que na nosa vida cotiá escoitáramos da súa propia voz a reivindicació n que hoxe impulsa este manifiesto:
“As persoas inmigrantes somos partícipes activas desta sociedade, non buscamos ser máis nin menos que ninguén, soamente pretendemos que na nosa condición de cidadás e cidadáns teñamos os mesmos dereitos e oportunidades que os demais membros desta comunidade”.
E por iso queremos dicir ben alto: “Dereitos iguais para tod@s”

Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración:

Agra Humanista, Forum Propolis, Mediomundo Uruguayos en Coruña,  Esquerda Unida-izquierda Unida, Cáritas Interparroquial Santiago, Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo, Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia,  Cáritas Milladoiro, Cite-CCOO, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migración da CIG,  Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago , Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, AIDA, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas “ACUMIC”, ACCEM, Ecos do Sur, Sindicato Labrego Galego, ASMIREFE., Asociación Renacer, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociació n Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña, Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela, Parroqui a Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior, Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo;  Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense., Asociación de Guineanos de A Coruña, Asociación Cultural e Intelectual de Santiago, Asociación de Senegaleses de Ourense, Somos Igrexa, Asociación Marusía, Movemento pola Base.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s