Asemblea aberta polos dereitos das persoas migrantes

Prezadas/os amigas/os migrantes, asociacións, colectivos, persoas solidarias…,

Nos últimos tempos ollamos como a situación das persoas migrantes, e especialmente as que non teñen permiso legal de residencia, as chamadas “sen papeis”, sofren diariamente as consecuencias dun Sistema que as obriga a vivir ó marxe, e que descarga contra elas a súa represión (redadas e persecucións policias, fronteiras internas: controis en rúa e estacións de buses e trens, racismo intitucionalizado ou non,…).

A situación na lexislación (e a súa aplicación) do Estado Español, pero tamén doutros paises (Italia, Francia,…) e da propia UE estase a endurecer para estas persoas, que son tratadas coma delincuentes, polo mero feito de tentar buscar unha vida mellor na xa chamada Europa Fortaleza. Precisamente nos mesmos paises que son responsables do histórico e actual expolio de recursos e materias primas e da destrucción das formas tradicionais de vivir nos seus lugares de orixe.

A actual proposta de reforma da Lei de Extranxeiría afonda na institucionalización da desigualdade porque:

  • Acentúa os elementos de carácter punitivo xa presentes na actual lei: redadas e identificacións masivas, extensión da reclusión nos Centros de Internamento para Extranxeiros a 60 días, e incluso máis en algunhas excepcións,…
  • Introduce novas restriccións nos dereitos das persoas, con e sen papeis de residencia (restriccións na reagrupación familiar, nos dereitos laborais,…)
  • Ataca ós cimentos do modelo de convivencia (entre persoas con e sen permiso de residencia) contribuíndo a alimentar as desigualdades no canto de reducilas. Por primeira vez se pretende sancionar a prestación de axuda á persoa migrante, coma medida de presión de tintes neofascistas propoñendo, por exemplo, multas elevadísimas por empadroar a un amigo/a sen papeis e sen domicilio estable que precisa dunha dirección de referencia para acceder ó dereito básico da atención sanitaria, ou simplemente polo feito de promover a permanencia irregular dunnha extranxeira/o, concepto de difícil encaixe punible pola dificultade de proba, pero que abre unha nova vía represiva contra as máis débiles.

É por isto que, colectivos e persoas solidarias da Coruña, percibindo que este é un sentir xeralizado, e proseguindo coas mobilizacións recentes levadas a cabo na nosa cidade e noutras, e respondendo a un chamado da REDI (Red Estatal por los derechos de las y los Inmigrantes) levamos dúas semanas reuníndonos e traballando na idea da realización dunha MANIFESTACIÓN DE REPULSA Á LEI DE EXTRANXEIRÍA E POLOS DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES, que terá lugar o domingo 26 de setembro polas rúas da cidade.

Desde o noso ponto de vista apreciamos e sentimos que, a nosa raiba e desexos de expresarnos contra esta inxustiza é compartida por colectivos e persoas diversas da nosa cidade (e vilas dos arredores), e consideramos vital que sexa ENTRE TODAS, e baixo o protagonismo das persoas e colectivos migrantes que son as que sofren nas súas vidas propias esta represión, e co traballo horizontal con elas, a forma máis adecuada de vehicular esta protesta.

E estamos seguras de que existen moitos e moitas que ainda non forman parta desta Asemblea, e que descoñecen a súa existencia, que estarían gustosas de participar con nós sumando as súas ideas e a súa forza. Invitámosvos, logo, a unirvos á coordinación da manifestación (e tamén á súa posterior difusión)

Convocámosvos, logo, o mércores 2 de setembro, ás 19:00 h., nos locais do Centro de Formación Profesional Tomás Barros (R/ Ramón María Aller, 10-12 entlo. Perto da Pza do Comercio http://www.tomasbarros.com/centro/onde.html ), a unha vindeira asemblea de coordinación, na que os colectivos e persoas presentaremos as nosas propostas concretas de cara á manifestación, e organizaremos e rapartiremos as tarefas previas á mesma.

Esperamos que espalledes esta convocatoria ás persoas e colectivos que coñezades que poideran estar interesadas en traballar na coordinación desta acción (fáltannos moitos contactos de colectivos e asociacións migrantes).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s