Carta del Foro Galego de Inmigración al Subdelegado de Gobierno

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Subdelegación de Goberno de A Coruña
Att Ilmo. Sr. Subdelegado de Goberno A Coruña
Avda de la Marina nº 23-1º
15001- A Coruña
Santiago de Compostela, 7 de Setembro de 2009

Estimado Sr:

No nome do Foro Galego de Inmigración composto polas organizacións e entidades recollidas abaixo, remito a seguinte información remitida por un grupo de asociacións e entidades sociais de Ferrol en relación coa detención dun cidadán de orixe senegalés, solicitando unha entrevista urxente con vostede para clarexar a actuación e a situación desta persoa á maior brevidade posible.

“O pasado día 2 de setembro de 2009 publicanse nos medios de comunicación da comarca unha serie de noticias en torno á detención dunha persoa de orixen Senegales acusada de raiar coches e acoitelar a dous polícias. Ao fío destas informacións colgase un video en Internet que foi grabado por un cidadán dende a súa casa que amosa a parte final da detención, momento no que se reduce a esta persoa. A dureza das imaxes e os métodos empregados para tal reducción, ademáis do feito de que unhas 50 persoas se xuntasen arredor dos axentes para ‘oporse’ a detención do individuo (segundo fontes policiais, tal e como recolle a prensa) fai pensar a diversas persoas e colectivos da cidade que existen datos incoherentes e que fan a historia relatada polos medios incompleta ou imprecisa. Así mesmo, o tratamento dado pola prensa a esta nova e os comentarios vertidos por algunhas persoas nos distintos medios de internet onde se colgou o video, fannos pensar que máis alá do feito en sí, existen evidencias de trato desigual e racismo no tratamento do tema, polo que se decide convocar unha asamblea urxente para falar e valorar cal é a resposta cidadana que se lle quere dar a este tema, e sobre todo, recabar e clarificar a máxima información posible de cómo se sucederon os feitos e cal é o estado desta persoa detida.

Nesta xuntanza, a día 2 de setembro de 2009 ás 20,30 a información acadada é a seguinte: Que S.A.A.M.K, de 22 anos, de orixen senegalés e residente en Fene permanece detido, na mañá do 2 de setembro de 2009, nas dependecias municipais da Comisaria de Ferrol sen ter coñecemento de cal é a súa situación, xa que habendose achegado dúas compañeiras de Cáritas, para solicitar velo e asegurarse de que se están a cumprir os seus dereitos fundamentais, a resposta obtida polas forzas e corpos de seguridade é de total cerrrazón fronte ao tema, non deixandolles velo nen informandoas de cal é a súa situación.

Por outras fontes, sabemos que o primeiro avogado de oficio asignado tampouco pode velo xa que no momento no que se atopa na comisaria a él o trasladan a outras dependencias. O mesmo pasa coa segunda avogada asignada, a cal, ao parecer, non baixa a velo aos calabozos xa que segundo lle comentan se atopa nun estado moi agresivo polo que non é recomendable que baixe soa a velo (sempre segundo valoracións policiais). Polo que entendemos que non declara na comisaria senón que declará ao día seguinte no Xulgado.

Recibe a visita do Forense do Xulgado e dun traductor da asociación de senegaleses da Coruña, do cal tampouco temos máis información. Existen dúbidas sobre si se lle deriva á Unidade de Saúde Mental do Novoa Santos ou non.  Efectuase unha chamada á hora da xuntanza, 20,30h,  ao Novoa Santos e se nos informa de que non se atopa ingresado ali. Informannos de que o seu irmán comenta que a persoa detida ten unha enfermidade mental producto dunha caída de moto no seu país e que estaba recibindo tratamento en Senegal, o cal non sigue unha vez aqui. Comentase que ten outras causas pendentes e xa en xuño deste ano, efectuouse outra detención, non podemos aclarar por qué non se detecta que é unha persoa cunha enfermidade mental e, como tal, se lle deriva a un servizo de saúde mental.

Ao día seguinte, mércores 3 de setembro,  as compañeiras de Cáritas poñense en contacto co seu irmán, Andalá, o cal comenta que o seu irmán leva ano e medio no Estado Español, é obsesivo e está convencido, pola súa susceptibilidade exacerbada, de que todos falan mal de él, incluso na televisión e por internet. Andalá cree que ten informes médicos do Marcide que xustifican a súa  enfermedade mental. E que él sepa, ao seu irmán non se lle ofreceu en ningún momento a asistencia dun intérprete.

A información recabada é confusa respecto aos feitos en sí e a como se produxo a detención, así mesmo, non se sabe com certeza en ningún momento se esta persoa detida valorouse por parte do Forense do Xulgado coma unha persoa cunha enfermidade mental e de ser o caso, non se explica por qué non foi trasladado á Unidade de Saúde Mental do Novoa Santos.

Ë por todo isto, que solicita, coa mediación do Foro Galego de Inmigración, unha xuntanza coa Subdelegación do Goberno para que nos informe de cal e como se desenrolou o procedemento con respecto a este tema.

ASAMBLEA CIDADANA DE EMERXENCIA PARA O CASO DO SENEGALES DETIDO EN FERROL O PASADO 1 DE SETEMBRO DE 2009.”

Aproveitaremos a xuntanza para comentar algún outro caso sucedido este verán e as deportacións de persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa, houbo varios casos concretos a pasada semana en Santiago.

Esperando a súa resposta, un atento saúdo de:

Miguel Fernández Blanco
Voceiro do Foro Galego de Inmigración ,
Rúa San Roque nº 6 Bis, 15704- Santiago de Compostela
Tel ; 981-580506/981-576142 Fax: 981-580506.
Email: foroinmigracionsantiago@yahoo.es


Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración:
Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo,  Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Cite-CCOO, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migracióin da CIG, Esquerda Unida-izquierda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, AIDA, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas “ACUMIC”, ACCEM, Ecos do Sur, Sindicato Labrego Galego,  ASMIREFE., Asociación Renacer,  Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Baixas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña, Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela, Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra,  Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior, Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense.,  Somos Igrexa, Asociación de Guineanos de A Coruña, Asociación Cultural e Intelectual de Santiago, Asociación de Senegaleses de Ourense, Asociación Marusía de Emigrantes Retornados.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
www.forogi.wordpress.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s