Manifesto: Todas 10 Todos – FESTA DA DIVERSIDADE CULTURAL

Manifesto da Diversidade

Boas Tardes

Hoxe é un día de festa, a festa da diversidade cultural. Hoxe estamos
aquí para amosarvos o rico e variado que é o noso mundo, por que entón
non somos ainda capaces de recoñecer o máis evidente, que o marxe
das nosas culturas diferentes onaceren en lugares distintos, todos somos
seres humanos, persoas.

O pobo galego é emigrante, marchamos cara América, marchamos cara
Europa, na procura dunha vida mellor, e ninguen nos mandou de volta.
? Por qué logo cando alguén xoga a vida por cruzar o mar na procura
dunha vida mellor, se lle encerra nun centro de internamento para inmigrantes,
que bo xeito de ocultar, que esa persoa vai estar presa durante
meses, centro de internamento, non, carcere. ¿Por qué cando alguén
cruzo o oceano na procura dun traballo digno ten que ser obxecto de
explotación laboral?

Deixemos unha cousa clara amigas e amigos, todos somos persoas,
iguais, temos duas mans cás que traballar, duas pernas cás que camiñar
un cerebro co que pensar e corazón para sentir, todos somos iguais, e
todos merecemos os mesmos dereitos.

Este é o momento de ver que esta crise non é culpa de inmigración, os
inmigrantes son traballadores igual ca nos que buscan a vida, coma nos,
que contribuen a economía coma nos, e coma nos tamñen sufre os devastadores efectos de esta crise, non nos deixemos envelenar, a inmigración é necesaria e enriquecedora.

Non ó racismo – Non a discrimianción

Si o progreso – Si a diversidade cultural


Colectivo Manolito Bello da Xuventude Comunista

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s