Comunicado del Foro Galego da Inmigración

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia)   convoca unha rolda de prensa informativa o mércores día 23 de Febreiro ás 11:00 h na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova nº 16) para:

  1. Presentar ás  Propostas e Alegacións do Foro Galego de Inmigración   ao Borrador do Regulamento da Lei de Estranxeiría que foron presentadas formalmente  o martes día 22 de Febreiro na Subdelegación de Goberno de A Coruña para o seu traslado á Secretaría Xeral de Inmigración do Ministerio de Traballo e Inmigración. Ademáis das Alegacións formais presentaremos unha valoración xeral do Borrador do Regulamento  e dos  seus aspectos máis salientables.
  2. Denunciar e  Esixir da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia que habilite coa máxima brevidade posible os convenios coas  cidades de Galicia para que se poñan en funcionamento as  Unidades Municipais de Migracións, pechadas de facto dende finais do ano 2010 . Este peche súmase  ao conxunto de recurtes en servizos e prestacións que ven sufrindo á poboación inmigrante de Galicia (subvencións a asociacións e entidades, forte diminución das acción formativas etc) no marco do fortísímo recurte en servizos de benestar social que estableceron os orzamentos do ano 2011 e que estamos a sufrir o conxunto da poboación residente en Galicia no presente ano.
  3. Informar das actuacións que vimos desenvolvendo no marco da Campaña “Ninguén Sobra nunha Crise” que rematará na VI Asemblea Galega de Inmigración e Emigración de Retorno que se celebrará o 29 de Maio en Santiago de Compostela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s