¡¿Expulsada por llevar velo?!

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia)  quere facer público o seguinte COMUNICADO en relación coa situación xerada  pola prohibición imposta a unha alumna de 6º de Primaria do CEIP de Arteixo de utilizar velo na súa actividade educativa ordinaria:

1.- Lamentar que o vindeiro luns día 28 de Febreiro poida facerse efectiva a perda do dereito de asistencia  a clase (EXPULSIÖN)  desta  alumna polo simple feito de utilizar un elemento que forma parte da súa cultura e relixión,  e que non pretende ofender a ninguén. Remataría  así por concretarse unha actuación fondamente dicriminatoria con esta persoa e a súa familia.

2.- Lamentar e denunciar a actitude da Consellería de Educación, responsable primeira dos centros educativos da Comunidade Autónoma, pola súa indefinición, tibieza e falta de compromiso para propoñer unha alternativa, que a propia Comunidade Educativa do CEIP de Arteixo estaba disposta a aceptar e asumir, e mesmo solicitou en repetidas ocasións. Esa actitude provocou ademáis o mantemento no tempo dunha situación de conflicto  que afecta de forma directa a unha menor e a súa familia. Constitue pois en definitiva unha grave irresponsabilidade por parte da Administración Educativa, que debía  ter valorado tamén a importancia do mantemento da boa convivencia intercultural na localidade de Arteixo .

3.- Poñer de manifesto o risco que supón a  extensión deste tipo de actuacións que poderían  derivar nunha situación intolerable de separación de alumnado por crenzas relixiosas ou culturais, contrario aos máis elementais principios democráticos e de salvagarda dos dereitos humanos.

4.- Queremos por último solicitar á Comunidade Educativa, do CEIP de Arteixo, representada polo seu Consello Escolar, que adopte  o vindeiro luns día 28 unha decisión que permita resolver o conflicto garantindo o dereito das persoas  a manter  e defender a súa cultura e relixión  e o dereito á escolarización do alumnado  no lugar que lle corresponde.

5.- O Foro Galego de Inmigración informa que adoptará as actuacións oportunas contra a Administración Educativa Responsable, a Consellería de Educación, no caso de que se confirme esta actuación que vimos de denunciar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s