… y finalmente, la violencia religiosa avanza: expulsada por llevar velo

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia)  quere facer público o seguinte COMUNICADO en relación co feito de que o CEIP de Arteixo acordara na xuntanza do Consello Escolar celebrado o luns día 28 de Febreiro solicitar o traslado do Centro  dunha alumna de 6 º de primaria que  utiliza o velo na súa actividade educativa ordinaria:


1.- Lamentar que hoxe 28 de febrero o Consello Escolar tomara a decisión tremenda de solicitar o traslado desta alumna, unha maneira indirecta de expulsala do Centro, polo simple feito de utilizar un elemento que forma parte da súa cultura e relixión,  e que non pretende ofender a ninguén. Rematando  así por concretarse unha actuación fondamente discriminatoria con esta persoa e a súa familia.

2.- Amosar a nosa solidariedade coa menor e a súa familia, que conta co noso apoio e asesoramento para o que precise. Animar a que se concreten os recursos xudiciais que vai emprender a familia no nome da menor fondamente agraviada e discriminada. Lamentar que as persoas que conforman o Consello Escolar do CEIP de Arteixo en representación da Comunidade Educativa dese Centro non foran capaces de superar as presións e enfrontamentos, para atopar unha solución razoable que permitira a continuidade da escolarización da alumna no centro educativo que lle corresponde.

3.- Lamentar e denunciar a actitude da Consellería de Educación, responsable primeira dos centros educativos da Comunidade Autónoma, pola súa indefinición, tibieza e falta de compromiso para propoñer unha alternativa, que a propia Comunidade Educativa do CEIP de Arteixo estaba disposta a aceptar e asumir, e mesmo solicitou en repetidas ocasións. Esa actitude provoca  ademáis o mantemento no tempo dunha situación de conflicto  que afecta de forma directa a unha menor e a súa familia. Finalmente  se a Consellería  opta  por apoiar esta medida discriminatoria, actuaría   dunha forma  gravemente irresponsable,  sen ter valorado tampouco  a importancia do mantemento da boa convivencia intercultural na localidade de Arteixo

4.-. Anunciar a Interposición, no caso de concretarse o traslado da alumna ou a expulsión da mesma,  dunha denuncia vía xudicial contra a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria por tolerar e respaldar  un comportamento discriminatorio cunha persoa por razón de cultura e relixión, cuestión que vai contra a propia Constitución Española e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

5.- Poñer de manifesto o risco que supón  a  extensión deste tipo de actuacións que poderían  derivar nunha situación intolerable de separación de alumnado por crenzas relixiosas ou culturais, contrario aos máis elementais principios democráticos e de salvagarda dos dereitos humanos.

======================

Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración:

Agra Humanista, Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo, Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migracióin da CIG, Esquerda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz;
Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, Cáritas de Lugo,
Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones
Colombianas “ACUMIC”, Ecos do Sur, Sindicato Labrego Galego, ASMIREFE, Asociación Renacer, Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña, Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes
Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior (Asociación de Ecuatorianos de Santiago), Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense, Asociación de Guineanos de A Coruña. Somos Igrexa-Galiza, Asociación Cultural e Intelectual de Santiago de Compostela. Asociación de Senegaleses de Ourense. Asociación Marusía de Emigrantes Retornados. Asociación TroCamundo. Madres Latinas. Proyecto Teranga Sociolaboral. Cáritas Tiu-Vigo. Representantes urbanos no Consello de Relacións Veciñais. ONGD ConTacto, Asociación Afrolatina de Ourense, ASAGA Asociación de Africanos en Galicia. Asociación cultural Fuco Buxán, Partido Humanista Internacional.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s