Comunicado do Foro Galego da Inmigración

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia)  quere facer público o seguinte COMUNICADO  en relación co feito de que o último día lectivo do curso escolar se consumara lamentablemente o   traslado do Centro  dunha alumna de 6 º de primaria que  utiliza o velo na súa actividade educativa ordinaria ao tempo que chamamos a atención sobre outra información de carácter claramente racista difundida esta mesma semana:

1.- Lamentar no caso de Arteixo,  un feito, que remata de forma inaceptable un conflicto prolongado ao longo de todo o  curso escolar como  consecuencia fundamentalmente da actitude da Consellería de Educación que non intervíu para resolvelo no momento no que se producíu,  permitindo a continuidade do mesmo, para rematar con esta inaceptable resolución final que termina sancionado (castigando) a unha persoa pola utilización do hiyab.

2.- Recordar a obriga da Administración Autonómica de lexislar  ou establecer claramente principios que obriguen aos Regulamentos de Réxime Interior dos Centros Educativos de Galicia a asumir o carácter intercultural da nosa sociedade e que eviten  a  extensión deste tipo de actuacións que poderían  derivar nunha situación intolerable de separación de alumnado por crenzas relixiosas ou culturais, contrario aos máis elementais principios democráticos e de salvagarda dos dereitos humanos.

3.- Na mesma liña,  Queremos tamén denunciar as información aparecidas nalgúns medios de comunicación esta semana sobre a detención na cidade de A Coruña dun cidadán de orixe senegalés nun control de alcoholemia, que presenta claros tintes racistas no seu tratamento, aludindo nun tono inaceptable as condicións físicas desa persoa e mesmo ao exercicio dos seus dereitos básicos na elección da lingua na que quería declarar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s