Discriminación a los rumanos

A Asociación Puente-Cultural Rumano-Gallego e O Foro  Galego de Inmigración  formado polas asociacións e entidades que aparecen recollidas abaixo (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia)  fai público o seguinte Comunicado en relación coa Medida que esixirá autorización  as persoas rumanas residentes en España para traballar. Esta Medida  será aprobada no Consello de Ministros de mañá  venres día 22 de Xullo.

  1.  A Medida de implantarse de novo (xa tiveron unha moratoria entre 2007 e 2009) sería claramente discriminatoria, xa que se aplicaría de forma exclusiva aos cidadáns de Romenia entre tod@s as persoas residentes en España procedentes de países da  Unión Europea.
  2.  A Medida inscríbise nun marco de limitación forte dos dereitos  das persoas migrantes que estamos a denunciar dende o Foro dende hai varios anos, basándose nunha situación de crise económica que fomenta os discursos xenófobos e as medidas racista como ésta de hoxe. Sería unha medida máis nesa liña que se xustifica por outra banda só no número de persoas desa nacionalidade residentes en España (sobre 800.000, algo máis de 8.000 en Galiza).. Non hai moito tempo falábamos da terrible discriminación que supoñía para a Europa da Democracia, a expulsión de Francia de persoas de etnia xitana da UE, só  por ser xitan@s; agora asístimos  atónitos tamén, realizada neste caso  por parte do goberno español,  á limitación ao dereito ao traballo para persoas de nacionalidade rumana, só polo feito ser ruman@s.
  3. Ademáis esta Medida resultará de difícil artellamento práctico xa que non pode afectar, alomenos así parece,  as persoas xa residentes e traballadoras en España neste momento e con bastantes anos de residencia aquí. Por outra banda, como éstas persoas van ter dereito a residir e non a traballar parece que  a propia Administración pretende estimular procesos de exclusión social  ao impedir as persoas obter medios de vida propios:  a obtención dunha autorización de traballo esíxe un proceso burocrático que pode durar varios meses e que vai imposibilitar na práctica as opcións laborais dest@s cidadáns da Unión Europea.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s