Comunicado do Foro Galego da Inmigración

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

COMUNICADO DE PRENSA

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia)  apoia o seguinte comunicado emitido pola Asociación SEN PAPEIS DA CORUÑA:

pasado luns 3 de outubro, ás 18:40, na Praza de Lugo da nosa cidade un policía municipal non uniformado, e fóra de servizo,incautou a una persoa migrante mercadoría non vulneradora dos dereitos de propiedade intelectual e industrial. Dáse a circunstancia de que a persoa migrante se atopaba nese momento circulando pola rúa, non vendendo a mercadoría e, o que é mais grave aínda, que a sedicente incautación se realizou sen identificar ao propietario da mercadoría, o que implica desatender a regulación legal desta actividade policial, comportando non unha incautación senón unha sustración.

 

Asociación Sen Papeis da Coruña ven de poñer estes feitos, por medio do seu equipo de avogados, en coñecemento dos xulgados do penal da Coruña, así como do propio concello, a efectos de depurar as posíbeis responsabilidades penais e disciplinarias ás que houbese lugar por esta actuación irregular. Esta denuncia súmase á xa realizada no mes de agosto pasado, cando un policía municipal non uniformado apuntou coa súa pistola, sen motivo algún, a unha persoa migrante que se atopaba sentada nun banco dos Cantóns.

 

Por desgraza, estas actuacións desproporcionadas e carentes de fundamento, non son mais que a continuación dunhalamentable política emprendida ao longo deste ano por parte do concello da Coruña na xestión das actividades de venda ambulante por parte de persoas migrantes. Desde que en decembro de 2010 a reforma do Código penal deixou de considerar delito a actividade de top-manta, o concello acudiu a acompañar o hostigamento de rúa por incautacións de mercadoría, que en xeral se realizan sen as formalidades que a normativa establece ao efecto. A modo de referencia, nos escasos días transcorridos desde a actuación obxecto de denuncia, se ten producido unha pluralidade de incautacións irregulares, case sempre protagonizadas pola mesma parella de policías non uniformados.

 

Esta políticaintensificada co novo concello do PP, é sumamente insensata. Resulta por completo incapaz de dar unha axeitada resposta á cuestión da venda ambulante e, sen embargo, paga o prezo dunha grave vulneración de dereitos fundamentais, colocando ademais ás forzas policiais en situación de deslizarse facilmente no eido das actuacións irregulares.

 

Desde a Asociación Sen Papeis nos temos amosado ao longo destes meses plenamente dispostos a dialogar coas autoridades competentes e, no seu caso, con outros sectores implicados, para procurar solucións axeitadas de xestión da venda ambulante. Desafortunadamente, ese ofrecemento de diálogo ten atopado un eco practicamente nulo por parte  destas autoridades, que prefiren recorrer a solucións tan inútiles como vulneradoras de dereitos, e xeradoras de conflito na cidade.

 

Unha vez mais, reiteramos a necesidade dese diálogo, no que se atopen envolvidos tamén os sectores migrantesdedicados á venda ambulante. Pero, mentres tanto, non nos queda outra solución como entidade de defensa dos dereitos das persoas migrantes, que acudir ás canles de denuncia destas actuacións irregulares que o Estado de Dereito pon a disposición. Nesa tarefa, tan desagradable como necesaria, continuaremos, co pleno apoio do Foro Galego da Inmigración e doutras asociacións galegas de dereitos e liberdades.

 

Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración: Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo,  Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migracióin da CIG, Esquerda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas “ACUMIC”, Sindicato Labrego Galego,  ASMIREFE, Asociación Renacer,  Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña , Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior (Asociación de Ecuatorianos de Santiago), Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense, Asociación de Guineanos de A Coruña. Somos Igrexa-Galiza, Asociación Cultural e Intelectual de Santiago de Compostela. Asociación de Senegaleses de Ourense. Asociación Marusía de Emigrantes Retornados. Asociación TroCamundo. Madres Latinas. Proyecto Teranga Sociolaboral. Cáritas Tiu-Vigo. Representantes urbanos no Consello de Relacións Veciñais. ONGD ConTacto, Asociación Afrolatina de Ourense, ASAGA Asociación de Africanos en Galicia. Asociación cultural Fuco Buxán.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s