O PASADO SÁBADO DÍA 17 DE DECEMBRO TIVO LUGAR UNHA REDADA POLICIAL NA RÚA REAL QUE ACABOU CUN SENEGALÉS DETIDO DESPOIS DUNHA BRUTAL INTERVENCIÓN POLICIAL, SEGUNDO MANIFESTARON PERSOAS QUE SE ATOPABAN NA ZONA

Fuente: Foro Galego de Inmigración

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia)  apoia o seguinte comunicado emitido pola Asociación SEN PAPEIS DA CORUÑA:

O PASADO SÁBADO DÍA 17 DE DECEMBRO TIVO LUGAR UNHA REDADA POLICIAL NA RÚA REAL QUE ACABOU CUN SENEGALÉS DETIDO DESPOIS DUNHA BRUTAL INTERVENCIÓN POLICIAL, SEGUNDO MANIFESTARON PERSOAS QUE SE ATOPABAN NA ZONA

O sábado 17 de decembro ás 18.30 na rúa Real axentes de paisano procederon a deter a un senegalés que se adica á venda ambulante. Segundo algunhas das persoas alí presentes a detención tivo lugar sen que o detido ofrecera resistencia e cunha brutalidade e violencia imposibles de xustificar. Incluso algunhas persoas chegaron a enfrontarse á Policía para que deixara de dar ese trato desproporcionado ao detido. Convén destacar que un dos policías de paisano implicado foi o mesmo que o día 4 de agosto deste ano apuntou no Cantón Grande coa súa arma a un senegalés sen que este opuxera resistencia ou estivera cometendo delito algún.

Desde a Asociación Sen Papeis levamos meses denunciando ante as distintas Administracións, a Policía Local, os medios de comunicación e a sociedade a situación de acoso e desprotección na que se atopan as persoas adicadas á venda ambulante na cidade da Coruña. Consideramos que non se pode culpar a un colectivo, xa de por si vulnerábel e que só busca a supervivencia, da crise do pequeno comercio e dunha suposta competencia con este. Antes ben, entre outros aspectos, debemos achacar esta situación a un contexto xeral de recesión, crise de modelo comercial, falta de planificación e apoio municipais e a presenza de grandes centros comerciais do consumo controlados por poderosas multinacionais e o gran capital.

A falta de seguimento da normativa, a inutilización dos procedementos de garantía aos intervidos, o emprego de axentes “de paisano” (para actividades para as que non están permitidos), ameazas, detencións ilegais derivadas de infraccións administrativas, subtraccións non documentadas… son prácticas habituais na Policía Local da Coruña fronte a este colectivo.

Por iso, como xa temos feito noutras ocasións, desde a Asociación Sen Papeis da Coruña:

– manifestamos a nosa total repulsa diante destes abusos e actuacións policiais desproporcionadas, algo que faremos todas as veces que faga falta e polos medios que consideremos necesarios.

– esiximos a ruptura da Policía Local con estas prácticas ilegais, e a volta ao emprego de medios e procedementos adecuados á Lei.

– reclamamos do goberno municipal que retome a vía da legalidade e que investigue estas actuacións policiais, e que rache coas políticas de confrontación como medio de solución desta situación, apostando por instrumentos de comunicación, participación cidadá e cooperación.

Sabemos que ningunha persoa é ilegal, e sabemos que ninguén sobra nunha crise!!

3 thoughts on “O PASADO SÁBADO DÍA 17 DE DECEMBRO TIVO LUGAR UNHA REDADA POLICIAL NA RÚA REAL QUE ACABOU CUN SENEGALÉS DETIDO DESPOIS DUNHA BRUTAL INTERVENCIÓN POLICIAL, SEGUNDO MANIFESTARON PERSOAS QUE SE ATOPABAN NA ZONA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s