Eliminación do Fondo de Axuda para a Integración das Persoas Migrantes

O Foro Galego de Inmigración  formado por asociacións e entidades de migrantes ou que prestan servizos a estes colectivo de Galiza, quere facer público o seguinte Comunicado en relación coa Proposta de Orzamentos aprobada  polo Goberno Central o venres día 30 de Marzo que  elimina dos mesmos o Fondo de Axuda para a Integración das Persoas Migrantes:

  1. A eliminación do chamado “Fondo de Axuda para a Integración das Persoas Migrantes”, supón a desaparición dos recursos que viñan substentando o traballo de integración e atención especializada a este colectivo que viñan desenvolvendo as administracións autonómicas e os concellos. Parécenos intolerable neste momento de Crise, a práctica eliminación dos recursos destinados a unha poboación que vive, traballa e reside dende hai varios anos aquí, e que sufre de forma especial as consecuencias do alto nivel de desemprego. Como agravante indicar que a cantidade detraída desta partida que se elimina dos orzamentos , 67 millóns de euros, é moi pequena nun contexto de reducción orzamentaria de máis de 20.000 millóns de euros, pero para este colectivo vai resultar drámatica xa que supon o 100% da cantidade que se recollía nos orzamentos do ano pasado para este fin.  A situación de Crise Económica non debe servir de coartada para xustificar a non atención ao colectivo de persoas migrantes que tanto traballaron e contribuiron ao noso desenvolvemento económico  e que o seguen a facer tamén agora.
  2. Este enorme recurte coincide con importantes descensos das partidas destinadas a políticas activas de emprego ou á dependencia que castigan tamén aos sectores máis desfavorecidos da sociedade. Conformando uns orzamentos claramente antisociais e que penalizan de forma clara ás persoas que sufren en maior medida as consecuencias da Crise. Hai que ter en conta que o aumento dos custos de subministros básicos (electricidade e gas)  afectan máis tamén as familias con menos recursos.
  3. Lamentamos tamén a fortísima reducción dos Fondos destinados á Cooperación Internacional, que rematan por conformar uns números que excluen ás persoas empobrecidas tanto de dentro como de fora, cun certo sesgo discriminatorio ademáis para os que viven ou viñeron doutros lugares.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s