Endurecimiento de la Ley de Extranjería

O Foro Galego de Inmigración  formado por asociacións e entidades de migrantes ou que prestan servizos a estes colectivo de Galiza, quere facer público o seguinte Comunicado en relación co endurecemento da Lei de Estranxeiría que supora a imposibilidade de acceso ao sistema sanitario común para as persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa:

“1.- A  decisión do Consello de Ministros do pasado venres día 20 de Abril de endurecer a Lei de estranxeiría, para esixir  requisitos, a maiores do empadroamento en territorio español,  para ter dereito de acceso á tarxeta sanitaria é unha flagrante violación dos dereitos humanospor unha banda, por outra da Carta Europea de Dereitos Sanitarios e ademáis é  unha decisión terriblemente inxusta.

2.- Esta decisión supón pechar na práctica a atención sanitaria a un dos colectivos en maior situación de vulnerabilidade, que deben superar as 600.000 persoas no Conxunto do Estado e entre 8.000 e 10.000  en Galicia. A Atención Sanitaria de Urxencias para este colectivo produciríase coa obriga de abonar os custos da  mesma, o que de feito  a imposibilita,  ou cando sexan cuestións graves xenerará  debedas inasumibles, que ademáis impedirán tamén as posibilidades de regularización destas persoas.

3.- Esta decisión é unha terrible inxustiza, porque as persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa non teñen nada que ver co chamado “turismo sanitario”, cuestión que atinxe de forma prácticamente en exclusiva a persoas procedentes da Unión Europea.  É ademáis unha decisión claramente racista, que pretende responsabilizar  a un colectivo, en situación de alta vulnerabilidade social, das  dificultades de sostemento do sistema sanitario por un suposto abuso do mesmo. Non ten sentido algún que se negué a tarxeta sanitaria para persoas sen recursos, a un dos colectivos que de menos recursos pode dispoñer.

4.- La no atención sanitaria dunha parte da poboación residente no Estado Español é moito máis que un recurte ou un “aforro”, é unha exclusión  intolerable e perigosa para a vida destas persoas, dun dos colectivos en maior situación de vulnerabilidade. Por iso, o Foro Galego de Inmigración quere facer un chamamento ao  partidos políticos, sindicatos, asociacións, entidades,   e a poboación en xeral  para que non permitamos que esta decisión chegue a concretarse no anunciado cambio lexislativo que estableza cidadáns de primeira e de segunda; persoas de primeira e de segunda; no referente a atención sanitaria no Estado Español. NON O PODEMOS PERMITIR.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s