Exclusión intolerable

Fuente: Foro Galego de Inmigración

O Foro Galego de Inmigración formado por asociacións e entidades de migrantes ou que prestan servizos a estes colectivo de Galiza, quere facer público o seguinte Comunicado en relación coa Proposta recentemente coñecida de establecer unha poliza especial moi gravosa económicamente para o acceso ao sistema sanitario común para as persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa:

1.- Esta proposta supón unha nova e lamentable ocorrencia para tentar disimular a terrible decisión que supón deixar fora do sistema sanitario normalizado as persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa. Non é posible a nivel práctico, pola imposibilidade de asumir os custos derivados desa poliza para estas persoas; non é aceptable dende o punto de vista ético porque supón manter pechada na práctica a atención sanitaria a un dos colectivos en maior situación de vulnerabilidade, que deben superar as 300.000 persoas no Conxunto do Estado e entre 10.000 e 15.000 en Galicia. Mantería ademáis unha limitación máis pola necesidade de xustificar un ano de empadroamento como requisito.

2.- Esta decisión é unha terrible inxustiza, porque as persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa non teñen nada que ver co chamado “turismo sanitario”, cuestión que atinxe de forma prácticamente en exclusiva a persoas procedentes da Unión Europea. É ademáis unha decisión claramente racista, que pretende responsabilizar a un colectivo, en situación de alta vulnerabilidade social, das dificultades de sostemento do sistema sanitario por un suposto abuso do mesmo. Non ten sentido algún que se negué a tarxeta sanitaria para persoas sen recursos, a un dos colectivos que de menos recursos pode dispoñer ou que se pretenda que paguen unha poliza de aseguramento tan custosa.

3.- A non atención sanitaria dunha parte da poboación residente no Estado Español é moito máis que un recurte ou un “aforro”, é unha exclusión intolerable e perigosa para a vida destas persoas, que forman parte dun dos colectivos en maior situación de vulnerabilidade. Por iso, o Foro Galego de Inmigración quere facer un chamamento ao conxunto da sociedade para que non se deixe enganar por Propostas, como esta que coñecemos onte, que pretende facer esquecer ou disimular que o goberno de Rajoy vai deixar as persoas migrantes en maior situación de vulnerabilidade sin asistencia sanitaria a partir do 1 de setembro.

One thought on “Exclusión intolerable

  1. Pingback: Exclusión intolerable | Voces del Agra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s