MANIFESTO DÍA DAS MIGRACIÓNS 2012

Foro Galego da Inmigración

O Foro Galego de Inmigración formado por asociacións de migrantes, entidades , colectivos e persoas de toda Galicia en relación coa celebración do Día Mundial das Migracións, hoxe día 18 de decembro, quere facer público o seguinte Comunicado, diante das Comisarías de Policia de Santiago, Ferrol e da Subdelegación de Goberno de A Coruña:

“NON PERMITAMOS A REPRESIÓN DO COLECTIVO DE PERSOAS MIGRANTES NIN A PERDA DE DEREITOS BÁSICOS QUE ESTÁN A SUFRIR”

1.- Consideramos intolerable a política de persecución policial dirixida cara ao colectivo de persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa, especialmente en Compostela e en Ferrol. Esta persecución inclue identificacións por criterios raciais en lugares públicos de uso habitual, como estacións de autobuses ou ferrocarril, centros de saude, etc. Supón tamén, nalgúns casos, que se vaia directamente a buscar e deter nos seus domicilios a persoas, que simplemente se atopan nunha situación de irregularidade administrativa, que son tratadas como delicuentes e en moitas ocasións deportadas aos seus países de orixe, ou mesmo remitidas a CIEs en Madrid ou noutras partes do Estado, co importante gasto económico que supón esta actividade represiva. Trátase en moitas ocasións de persoas con moito tempo de residencia aquí, e mesmo con procedementos de arraigo en marcha ou alomenos coa posibilidade de solicitar esta vía de regularización. Tamén persoas con familias directas ou indirectas que son residentes legais en España. Denunciamos esta persecución intolerable nun estado democrárico e que está a xerar moito medo entre a poboación migrante residente en Galicia. Esta persecución obedece claramente a criterios políticos e solicitamos que se deteña a mesma porque supón un racismo institucional que estimula tamén, neste tempo de crise económica, actitudes racistas e discriminatorias entre a poboación, que mesmo chegan a culpabilizar a este colectivo da situación e/ou demandan que abandonen agora o noso país.

2.- Denunciamos tamén a exclusión sanitaria do colectivo migrante que establece o Real Decreto de Abril de 2012. A exclusión do colectivo de persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa, dun dereito humano fundamental e tamén dun dereito constitucional, está xa a provocar serios problemas a moitas persoas no conxunto do Estado. Aquí na Galiza, un Programa da Xunta pretende manter a asistencia deste colectivo, pero iso, a parte das limitacións que ten, non substitue en ningún caso á perda do dereito a asistencia sanitaria en condicións de igualdade co resto de cidadáns e cidadás. Traballamos con outras organizacións e colectivos na Galiza para restaurar este dereito e garantir tamén unha sanidade pública de calidade, universal e gratuita para tod@s

3.- As duras políticas neoliberais implementadas polo goberno central e autonómico supoñen un fortísimo retroceso dos dereitos laborais d@s traballador@s. Nese contexto afectan de forma moi significativa ao colectivo de traballador@s migrantes. Salientamos a situación das mulleres empregadas de fogar, que se atopan con moitas dificultades para regularizar, segundo a nova normativa, a súa actividade laboral e que soportan condicións de explotación laboral en moitas ocasións. Tamén recollemos a preocupación pola falta de flexibilidade da Administración diante das solicitudes de renovación de autorizacións de residencia e traballo, que está a provocar a irregularidade de persoas que levaban xa moito tempo de residencia legal aquí e que viñan traballando de forma regular ata o de agora,

4.- Esas políticas do goberno central e autonómico conforman tamén un conxunto intolerable de recurtes no ámbito social, que afectan a un conxunto de dereitos fundamentais. Salientamos os recurtes de prestacións básicas como as do desemprego e os recurtes no eido educativo, no eido sanitario, xa mencionadas, e moi especialmente no campo dos servizos de benestar social. Todos eles afectan de forma importante ao colectivo de persoas migrantes residentes en Galicia e no Conxunto do Estado Español.

POR TODO ISO, RECLAMAMOS AO CONXUNTO DA SOCIEDADE GALEGA QUE: NON PERMITAMOS A REPRESIÓN DO COLECTIVO DE PERSOAS MIGRANTES NIN A PERDA DE DEREITOS BÁSICOS QUE ESTÁN A SUFRIR.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s