Acoso policial al colectivo nixeriano de A Coruña

O Foro Galego de Inmigración, xunto coa Asociación Sen Papeis de A Coruña e outros colectivos desa cidade, denuncia o acoso ao que está a someter a Policía Local de A Coruña ao colectivo de persoas migrantes nixerianas residentes na cidade, particularmente aos vendedores ambulantes.

(Firma contra el acoso policial)

Na súa maioría este colectivo está composto por residentes, recoñecidos
legalmente, que se atopan nunha situación de desemprego e que desenvolven esta actividade de venda ambulante, para conseguir uns recursos mínimos que lles permitan sobrevivir. Pois ben, a Policía Local da cidade impúxolles xa máis de 30 sancións (multas) de 100 euros, ao tempo que lles impiden realizar calquera actividade que lles permita facelas efectivas.

Unha destas persoas vendedoras foi detida e posteriormente transladada
a un centro de saúde, acreditando un parte médico as lesións froito do
maltrato policial.
Forma parte da política de inmigración deste goberno, maltratar e acosar
sistemáticamente as persoas migrantes en situación de regularidade ou
irregularidade administrativa, discriminándolas no acceso aos servizos
públicos, pero non á hora de cobrarlles os impostos, creando así tamén
unha atmósfera xenófoba.

En A Coruña ten habido xa demasiados incidentes de acoso policial, estando mesmo algún policía xa denunciado diante da Xustiza. Anteriormente o acoso centrouse no colectivo de persoas migrantes de orixe senegalesa, hoxe nas persoas migrantes de orixe nixeriana… É que se trata de completar cupos para encher o avión correspondente?.

Esta é unha aplicación das leis que atenta contra os dereitos humanos e contra a leximitade de quen ordea a aplicación de tal normativa, polo que o Foro Galego de Inmigración esixe o cese do maltrato ás persoas migrantes, unha política activa contra a exclusión social e de defensa dos dereitos das persoas migrantes e, ao tempo, unha xestión intelixente da diversidade cultural por parte das autoridades.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s