AGE esixe o cese inmediato do acoso policial ao que se está a someter aos inmigrantes no noso país

IMAG0351Fuente: AGE

Alternativa Galega de Esquerda quere manifestar o seu apoio público as demandas do colectivo de inmigrantes no noso país entre as que destaca a esixencia de rematar de xeito inmediato co acoso policial ao colectivo, especialmente na cidade da Coruña onde o colectivo nixeriano ten denunciado en varias ocasións estes feitos.

Esta mañá o deputado, Xabier Ron, acompañou aos representantes do Foro galego de inmigración e un grupo de nixerianos residentes na Coruña que denunciaron publicamente a situación que están a sufrir con actuacións desmesuradas contra os vendedores ambulantes de orixe nixeriano aos que ademais sancionan con multas que oscilan os 100 euros, tendo algún deles nove multas acumuladas que debido a súa actual situación económica non poden pagar.

O deputado de AGE lembrou que o seu grupo parlamentar ten presentado diversas iniciativas no Parlamento de Galicia orientadas a defender os dereitos do colectivo de inmigrantes como a Moción na que se insta a anular o artigo do anteproxecto de reforma do Código penal no que se contemplan penas de cárcere para aquelas persoas que, con ánimo de lucro ou sen el, axuden a persoas inmigrantes en situación irregular.

Así, o Foro Galego de Inmigración e AGE no marco da Campaña Estatal Salvemos a Hospitalidade que desenvolve e promove xunto con outras entidades e asociación do conxunto do Estado presentou o texto da Moción “Salvemos a Hospitalidade” e denunciaron o acoso policial ao colectivo nixeriano da Coruña. Os representantes do colectivo lembrou que este colectivo está composto na súa maioría por residentes, recoñecidos legalmente, que se atopan nunha situación de desemprego e que desenvolven esta actividade de venda ambulante para conseguir uns recursos mínimos que lles permitan sobrevivir. A Policía Local da cidade impúxolles máis de 30 multas ao tempo que lles impiden realizar calquera actividade que lles permita facelas efectivas.

Desde AGE e o Foro lamentan que forme parte da política de inmigración deste goberno, maltratar e acosar sistemáticamente as persoas migrantes, discriminándolas no acceso aos servizos públicos, salvo cando é para lles cobrar os impostos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s