Ante a terrible traxedia de Ceuta

Comunicado de prensa do Foro Galego de Inmigración

Foro Galego de Inmigración ante a terrible traxedia acontecida en Ceuta o xoves día 6 de Febreiro, quere facer público o seguinte COMUNICADO URXENTE :
  1. Amosar a nosa solidariedade máis fonda coas vítimas e as súas familias, que son as últimas coñecidas dunha situación que ten provocado  centenares ou milleiros de vítimas nos últimos anos, moitas veces en augas territoriais españolas.
  2. Esixir a derogación da Lei de Estranxeiría, xa que éste marco legal é o que permite ás políticas represivas nas fronteiras do Estado Español , ao tempo que impide mecanismos de entrada no territorio español razoables, seguros e acordes cos dereitos humanos  e coa propia Constitución.
  3. Esixir a constitución dunha comisión de investigación no Parlamento Español e a intervención da autoridade xudicial  competente , para determinar as reponsabilidades políticas e penais derivadas dos feitos denunciados, de cáracter gravísimo,  seguintes.

– A denegación de auxílio por parte da Garda Cívil, que no caso de que haxa persoas no mar en situación de perigo, ten a obriga de ocuparse do seu inmediato salvamento como primeira prioridade. A denegación de auxilio, que parece evidente nos feitos, debería ter unhas consecuencias políticas e penais inmediatas.

– A maiores, a denuncia  das vítimas, de que a Garda Civil efectuou disparos sobre as persoas que estaban na auga coa suposta intención de “pinchar” os seus flotadores, de comprobrarse a súa veracidade, esixiría as máis contundentes responsabilidades políticas e penais, xa que sería un feito que contradí os máis elementais principios dun estado democrático, e trataríase dun feito absolutamente intolerable para calquer persoa decente.

4.- Tendo en conta ademáis que esta mesma semana unha ONG de Melilla denunciou de forma incontestable, a través dun video, a práctica, supoñemos que habitual, de “devolver” de forma absolutamente ilegal polo valo fronteirizo de Melilla a persoas migrantes que xa entraran no territorio español, esiximos a destitución inmediata do Ministro do Interior  do Goberno de España. Non comprendemos que teña o “estomago” suficiente para manterse un mínuto máis nese cargo ante a gravidade dos feitos acontecidos estes días na Fronteiras españolas de Ceuta e Melilla.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s