O BNG PRESENTOU ESTA MAÑÁ UNHA MOCIÓN EXIXINDO A ATENCIÓN SANITARIA PARA AS PERSOAS MIGRANTES

2014_09_05A Coruña, 5 de setembro de 2014.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, a través da súa concelleira María Xosé Bravo, rexistrou esta mañá, a instancia do Foro Galego de Inmigración, unha moción exixindo que se recoñeza o dereito á atención sanitaria para as persoas migrantes e que se garanta o acceso a dita atención a todas as persoas, independentemente de que sexan ou non poboación inmigrante non regularizada (achégase moción dixitalizada).

A concelleira María Xosé Bravo denunciou esta mañá este recorte drástico no acceso á atención sanitaria, especialmente grave no caso das mulleres vítimas de violencia de xénero e das vítimas de trata e máis das persoas con enfermidades crónicas como a tuberculose, a diabete ou a sida.

“Para o BNG, sinalou a nacionalista, as medidas deste Real decreto 16/2012 do Partido Popular son profundamente regresivas e discriminatorias e vulneran obrigas internacionais, ademais de ter un grande impacto sobre o dereito á vida das persoas”.

E salientou que “ao igual que o Foro Galego da Inmigración numerosos colectivos teñen manifestado o seu rexeitamento a este real decreto lei do Partido Popular. O Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais de Nacións Unidas recomendoulle ao Estado español que a “reforma sanitaria adoptada non limite o acceso das persoas que residen no Estado aos servizos de saúde, calquera que sexa a súa situación legal“.

Por último sinalou que “o Bloque Nacionalista Galego ten exixido, por medio de numerosas iniciativas, que o Goberno Galego garanta o acceso e desfrute do dereito á saúde de todas as persoas, e darlle, así, cumprimento ás súas obrigas internacionais, sen regresividade nin discriminación”.

Rubén Sánchez e Nicanor Acosta, membros do Foro Galego de Inmigración, manifestaron que o Real decreto 16/2012 está a facer moito dano a moita xente e subliñaron que se están a encontar con casos de menores e de mulleres embarazadas ás que se lle está a negar a atención sanitaria, ou ben estáselles a cobrar por ela. Solicitaron ao concello que eleve a súa voz contra esta norma e pida a súa derrogación que atinxe a perto de 12.000 persoas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s