Stop mortes no Mediterráneo!

STOP MORTES NO MEDITERRÁNEO!

Sábado 9 de mayo no Paseo Marítmo

cartel definitivo

– O acto consistirá nunha performance alusiva aos milleiros de persoas que, fuxindo dos conflitos, da persecución ou da pobreza, perderon a súa vida no Mediterráneo.
No primeiro cuadrimestre deste ano 2015, a cifra de mortos multiplicouse por cen en comparación co ano 2014.
Nembargantes, os políticos europeos miran para outro lado. A pesares dos chamamentos internacionais, os Estados europeos decidiron poñer máis recursos, pero non para salvar vidas senón para protexer as súas fronteiras.
E mentres as persoas morren.
¿Ata cándo?. ¿Cántas persoas máis deben morrer para que os gobernos europeos entendan que deben antepor a protección das persoas?
– Os organizadores aconsellan aos que desexen participar no acto que vaian completamente vestidos con roupa negra e que se dirixan o sábado ás 12,30 horas a calquera dos dous puntos de encontro fixados: a fonte dos surfistas ou a beira do Playa Club de Riazor. Dende ámbolos  dous puntos marcharán en fila polo paseo marítimo ata adentrarse na praia, na que terá lugar a performance.
Convocan:
  • África Universal, Amnistía Internacional, Asociación Veciñal da Agra do Orzán AGRA, Comunidade Cristiana Vangarda Obreira, Domu África, Foro Galego de Inmigración, Fronte Cívica, La Paz, Médicos do Mundo, Mundo sen Guerras e sen Violencia, ONG Viraventos, SOS Racismo Galicia, Stop Desafiuzamentos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s