A Coruña, terra de asilo

refugees-1024x707

 

 

 

 

 

 

 

Fuente: S.O.S. dereitos das persoas migrantes en grave perigo!

A Coruña, TERRA DE ASILO

Propoñemos que A Coruña se constitúa en terra de asilo e promova que outras cidades do Estado o fagan.

Nestes intres no que as persoas refuxiadas acoden a Europa dende Oriente Próximo, dende África e son recibidos con violencia, golpes, valos de espiño, xenofobia, tráfico de seres humanos. E a falta do máis elemental respecto dos dereitos humanos e dos acordos internacionais de protección ás persoas refuxiadas.

Nestes intres no que as imaxes de persoas mortas en camións nun novo Auschwitz, nun novo Argelés sur Mer, criaturas que choran chamando polos seus pais mentres estes son golpeados, mulleres atravesando murallas de valos concertinas e fuxindo dos depredadores que as atacan, miles de persoas desesperadas que morren afogadas no Mediterráneo sacúdenos a conciencia con horror de velo pouco que somos e o desprezo absoluto con que nos miran los poderosos.

Porque nós somos eles. Queremos rachar o silencio e a falla de solidariedade na que nos movemos no medio de tanto horror e que A Coruña se constitúa en terra de asilo e promova que outras cidade o fagan.

Sabemos as causas polas que temos chegado a un capítulo máis desta situación, pero é o momento de protección e de solidariedade

Poñémonos a disposición das autoridades da cidade para axudar co noso esforzo a organizar o proposto, sen ningún ánimos de protagonismo, que o cedemos, porque pensamos que é reponsabilidade de todos

Se estás dacordo coa proposta:

  1. Pásao á asinar a todas las organizacións que consideres.
  2. Pásao a través dalgunha plataforma de internet para recoller sinaturas individuais.
  3. Leva o escrito a tódolos partidos e organizacións sociais
  4. Levémolo ao rexistro do Municipal do Concello e Delegación do Goberno

Si queres recibir información da campaña que estamos organizando envíanos unha mensaxe titulada “EU APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS” a ac.sos.dd.migrantes@gmail.com

One thought on “A Coruña, terra de asilo

  1. Pingback: A Coruña, terra de asilo | Voces del Agra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s