ENCONTRO /ASEMBLEA 2016 DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN (Ferrol , sábado 11 de xuño)

cartaz_asemblea_2016ACTO FINAL DA CAMPAÑA:CONTRA AS DEPORTACIÓNS, BOICOT A AIR EUROPA E A GLOBALIA.
 
ENCONTRO /ASEMBLEA 2016 DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN (FERROL , SÁBADO 11 DE XUÑO)         
 
O Foro Galego de Inmigración, contando co apoio do  Concello de Ferrol,  desenvolve este sabado día 11 de Xuño o seu ENCONTRO/ASEMBLEA  ANUAL EN FERROL nos locais do Ateneo cunha ampla participación de representantes das asociacións , entidades e persoas de toda Galiza que conformamos o Foro Galego de Inmigración. .  Nese Encontro terá lugar en primeiro lugar:
Ás 11: 30 h. o Acto Público Final da Campaña, que vimos desenvolvendo con diferentes actividades por toda Galicia dende o mes de Febreiro, CONTRA AS DEPORTACIÓNS, BOICOT A AIR EUROPA E A GLOBALIA., que contará con destacados representantes de diferentes institucións , entidades,  partidos políticos, sindicatos, e asociacións, máis de medio centenar que apoíaron formalmente esta Campaña. Entre os que salientamos, Estrela Gómez (AGAMME) Iria Fandiño (Secretariado Xitano), Leticia Castro (Colexio Oficial de Educadores Socias de Galicia ), Alberto Vizoso (CUT), Karlotti, Beatriz Dorrio, Pedro Ferrandiz (representantes do mundo da cultura e da educación), Xabier Ron (Deputado de AGE), Beatriz Sestayo e o propio alcalde Jorge Suárez.
Promovemos  esta Campaña  a nivel estatal xunto coa Campaña polo Peche dos Cies: CIEs NON co  obxectivo de facer visible o drama cotián que sufren as persoas migrantes, veciños e veciñas nosos en situación de irregularidade administrativa, que son detidos nas nosas vilas e cidades, poden ser internados en CIES (Centros de Internamento de Estranxeiros) e que son deportados de forma forzosa e moitas veces violenta , case 10.000 o ano pasado, coa colaboración e o correspondente beneficio económico (12 millóns de Euros no último Concurso ) do grupo empresarial GLOBALIA, que inclue a AIR EUROPA ou HALCÓN VIAXES entre varias outras empresas e marcas moi coñecidas. No Concurso Público Estatal que remata de resolverse  para os anos 2016 e 2017, este grupo empresarial obtivo de novo a Concesión, pese a presentar una oferta económica máis elevada.  As entidades que apoíaron  formalmente a Campaña son, entre outras:  S.O.S Racismo Galicia, ONG Viraventos, Ecos do Sur , Mundo sin guerras y sin violencia , Esquerda Unida, Próxecto Cárcere, Patronato Concepción Arenal Alternativa Galega de Esquerda, PsdG/PSOE,Candidatura de Unidade Popular de Chantada, Oficina de Dereitos Socias de Vigo, GAS (Grupo de Axitación Social), Plataforma polo Emprego,Centro Traballo e Cultura de Cáritas de Santiago, CUT, CIG, e Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia. Ademáis contamos coa sinatura formal de máis dun cento de persoas de moi diferentes ámbitos.
Despois, continuaremos cun  Acto Público Reivíndicativo ás 13:00 na zona dos  Cantóns, no que logo dunha Manifestación polas rúas máis centricas da cidade, para facer visible a realidade da inmigración entre a cidadanía,  o Acto contará con actuacións musicais e perfomance teatral e rematará coa Lectura dun Manifesto. Convocamos ao conxunto da cidadanía ferrolán  a este Acto para amosar a solidariedade con este colectivo de persoas, conveciñas nosas,  que teñen os seus dereitos gravemente recurtados e que mesmo son   perseguidas nas nosas vilas e cidades.

Seguir lendo

Un morto en Salou, basta de acoso policial!

lavapies4

O Foro Galego de Inmigración da Coruña denuncia o acoso policial a que están sendo sometidas as persoas inmigrantes en todo o Estado Español.

O sucedido en Salou é consecuencia dunha política represiva que non se xustifica en ningún ben común. Seguir lendo

IX asamblea del Foro Galego de Inmigración

Imaxe

IX ENCONTRO cartel

Cerca de un centenar de personas se manifiestan en A Coruña contra la ´represión´ de los movimientos sociales

18D2014Fuente: La Opinión A Coruña

El Foro Galego de Inmigración se suma a la protesta y denuncia la intención de legalizar las “devoluciones en caliente”

Cerca de un centenar de personas, convocadas por la Plataforma de Afectados por las Hipotecas y Stop Desahucios, se han manifestado este jueves en A Coruña contra la “represión” y la “criminalización” de los movimientos sociales.

Bajo una pancarta con el lema ‘Nos multan a nosotros para asustarte a ti’, los manifestantes se han concentrado ante la Subdelegación del Gobierno, desde donde han partido en manifestación hacia la Delegación del Gobierno. Seguir lendo

Entrega en Subdelegación de Goberno do documento final da campaña “S.O.S. dereitos das persoas migrantes en grave perigo!”

DSCN2196

DSCN2177FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
NOTA DE PRENSA

DOCUMENTO FINAL DA CAMPAÑA: “S.O.S. DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO!” REMITIDO AO PRESIDENTE DO GOBERNO DO ESTADO ESPAÑOL

O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN DESENVOLVEU UN ACTO PÚBLICO DE PRESENTACIÓN DO DOCUMENTO FINAL DA CAMPAÑA “S.O.S. DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO!” DIANTE DA SUBDELEGACIÓN DE GOBERNO DE A CORUÑA, HOXE, MERCORES DÍA 18 DE XUÑO.

ESTE DOCUMENTO SERÁ REMITIDO DENDE O REXISTRO DESA INSTANCIA ADMINISTRATIVA AO PRESIDENTE DO GOBERNO DO ESTADO ESPANOL PARA A SÚA CONSIDERACIÓN E ESTUDO DE CARA A MELLORAR ÁS POLÍTICAS DIRIXIDAS CARA A ESTE COLECTIVO DENDE AS DIFERENTES ADMINSITRACIÓNS PÚBLICAS. Seguir lendo

Adhesión de Mundo sen Guerras e sen Violencia á campaña “S.O.S. dereitos das persoas migrantes en grave perigo!”: Marisa Fernández

Vídeo

Para apoyar la campaña adhiérete aquí

Campaña “S.O.S. dereitos das persoas migrantes en grave perigo”

DSCN1661O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN desenvolveu un Acto Público de Presentación da Campaña: SOS DEREITOS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO! este martes día 13 de maio no local da Asociación Veciñal da Agra do Orzán AGRA.

No ACTO PARTICIPARON, CON APOIO EXPLÍCITO A CAMPAÑA:
Gloria Vázquez (Ve-la Luz, asociación de violencia de género)
Carlos Parrado (Asociación Veciñal da Agra do Orzán AGRA)
Anna Diop (Asociación de mujeres inmigrantes Domu África)
Mamadou Moustapha Beye (Asociación La Paz Dahira Salam Toura de A Coruña)
Laura del Río (Grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes)
Xosé Manuel Carril (Grupo municipal Bloque Nacionalista Galego)
Moussa Seck (Asociación África Universal)
Patxi Hurtado (Ecos do Sur)
Marisa Fernández (Mundo sin Guerras y sin Violencia)
Bran González Patiño (15M de Montealto)
Ricardo Saavedra (Programa “Simplemente Gente” de Cuac FM))
Nicanor Acosta (Forum Propolis)
Rubén Sánchez (Partido Humanista Internacional A Coruña)
Miguel Fernández (Voceiro do Foro Galego de Inmigración)

A Campaña pretende concienciar ao conxunto da sociedade galega do forte impacto que as políticas das diferentes administracións públicas están a producir nos dereitos das persoas migrantes e as intolerables situacións que padecen, parte de: Seguir lendo