PASAXE SEGURA XA! – Manifestación A Coruña

Imaxe

PasaxeSegura-CartelA3

6F: III Marcha por la dignidad en Ceuta

Fuente: Pressenza

03.02.2016 – Ceuta (España) Gabriela Amaya

Playa-Tarajal-6-febrero-2014-720x489

(Imagen de Antonio Sempere. Playa Tarajal 6 febrero 2014. Devolución en caliente de numerosos inmigrantes, como puede verse en la imagen.)

Dentro de la campaña “2016, por el cambio en política migración. Hacia la Europa de las Libertades”, tendrá lugar en Ceuta (España) la III Marcha por la Dignidad, coincidiendo con le segundo aniversario de la muerte de quince inmigrantes subsaharianos en la playa del Tarajal, donde se encuentra la valla que separa Ceuta (España) de Marruecos, en un intento por llegar nadando a tierras españolas. Seguir lendo

Mesma humanidade, mesmos dereitos

Foro Galego de Inmigración

18 de decembro, día mundial das persoas migrantes

Nós, cidadás e cidadáns coruñeses provenientes de distintas culturas e países de todos os continentes da Terra, sentimonos agradecidos ca veciñanza da tamen nosa cidade, pola boa acollida que nos dan cada día. Agradecemos tamén ao noso concello a apertura ao diálogo e a colaboración: estamos nunha cidade “libre de CIEs”.

Con todo, hoxe, día mundial das persoas migrantes,  temos que mencionar os dereitos de que se nos priva a moitas persoas.

O primeiro dereito é o de vivir na propia terra. Moitos de nós vimos de países cuxa economía é arrasada por empresas multinacionais e a forma de vida tradicional fíxose inviable. Outros e outras, vimos de países que foron considerados por outros como “áreas de interese” e fomentaron a radicalización dos conflitos até producir situacións de guerra ou de inseguridade permanente. Perdemos así o dereito a vivir en nosa propia casa.

Perdemos tamén o dereito a circular libremente. Ao noso paso interpuxéronselle leis, tratados, valos con coitelas, arames espiñentos, exércitos e policías. Como resultado, moitos e moitas tardamos anos en facer unha viaxe que se podería facer en horas. Moitas destas persoas faleceron no camiño, outras chegaron mutiladas, moitas, foron enganadas, violadas e explotadas. Outras morreron afogadas nun mar convertido en muralla e cemiterio de persoas que buscaban unha vida digna.

En moitos casos perdemos o dereito a vivir do noso traballo, a participar na vida política, a recibir asistencia médica gratuíta… a simplemente residir como cidadáns e cidadás e vivir como persoas. Estamos atadas por cordas que se anudan en Madrid e en Bruxelas. E somos expulsadas por un carísimo aparello represivo de acoso policial con redadas racistas, detencións, centros de internamento e deportacións en voos, barcos e por terra.

E tras moitos anos de todo isto, agora vannos a facer un exame para darnos a nacionalidade….

Estamos a esperar que poidan chegar os nosos veciños que están migrando ou solicitando refuxio e están a morrer cada día.

Nós decimos non á guerra e á intervención militar. Esiximos o fin do comercio armamentístico e a reforma das políticas exterior e de veciñanza da UE para contribuír ao desenvolvemento político e económico sustentable nos países de orixe.

Coñecendo que o pobo galego pasou e pasa pola dura experiencia da emigración, sabemos que pode entender mellor o noso chamamento:

Non deas cabida ao fanatismo e a xenofobia, non deas cabida á intolerancia e a discriminación, non nos condenes á exclusión, a sobreexplotación, a escravitude sexual, ao temor… non contribúas á formación de guetos de marxinalidade.

Somos seres humanos e queremos vivir en paz e dar ás nosas fillas e fillos posibilidades de desenvolvemento; queremos axudar ás nosas familias que quedaron nos nosos lugares de orixe. Queremos achegar aquí o noso traballo, o noso talento, a nosa forza, o noso valor, a nosa cultura… Non queremos esquecer os nosos valores, as nosas crenzas, nin a nosa cultura; senón establecer un diálogo de irmandade, en pé de igualdade. Queremos que as nosas crianzas, nacidas aquí, sentanse galegas de pleno dereito e non sexan miradas como diferentes, senón como veciñas da Coruña.

Axúdanos a defender os nosos dereitos: a migrar, a traballar, á saúde e a educación, á seguridade! Construamos entre todos e todas unha sociedade aberta e diversa, onde ningún ser humano sexa ilegal.

Mesma humanidade, mesmos dereitos!

18 de Decembro, Día Mundial das Persoas Migrantes

Imaxe

Imprimir

A Coruña, terra de asilo

refugees-1024x707

 

 

 

 

 

 

 

Fuente: S.O.S. dereitos das persoas migrantes en grave perigo!

A Coruña, TERRA DE ASILO

Propoñemos que A Coruña se constitúa en terra de asilo e promova que outras cidades do Estado o fagan.

Nestes intres no que as persoas refuxiadas acoden a Europa dende Oriente Próximo, dende África e son recibidos con violencia, golpes, valos de espiño, xenofobia, tráfico de seres humanos. E a falta do máis elemental respecto dos dereitos humanos e dos acordos internacionais de protección ás persoas refuxiadas.

Nestes intres no que as imaxes de persoas mortas en camións nun novo Auschwitz, nun novo Argelés sur Mer, criaturas que choran chamando polos seus pais mentres estes son golpeados, mulleres atravesando murallas de valos concertinas e fuxindo dos depredadores que as atacan, miles de persoas desesperadas que morren afogadas no Mediterráneo sacúdenos a conciencia con horror de velo pouco que somos e o desprezo absoluto con que nos miran los poderosos.

Porque nós somos eles. Queremos rachar o silencio e a falla de solidariedade na que nos movemos no medio de tanto horror e que A Coruña se constitúa en terra de asilo e promova que outras cidade o fagan.

Sabemos as causas polas que temos chegado a un capítulo máis desta situación, pero é o momento de protección e de solidariedade

Poñémonos a disposición das autoridades da cidade para axudar co noso esforzo a organizar o proposto, sen ningún ánimos de protagonismo, que o cedemos, porque pensamos que é reponsabilidade de todos

Se estás dacordo coa proposta:

  1. Pásao á asinar a todas las organizacións que consideres.
  2. Pásao a través dalgunha plataforma de internet para recoller sinaturas individuais.
  3. Leva o escrito a tódolos partidos e organizacións sociais
  4. Levémolo ao rexistro do Municipal do Concello e Delegación do Goberno

Si queres recibir información da campaña que estamos organizando envíanos unha mensaxe titulada “EU APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS” a ac.sos.dd.migrantes@gmail.com

Concentración contra a lei mordaza

Leimordaza3

Marea Branca, domingo 21 de xuño ás 12:30h no Obelisco

a3-marea-blanca-bj2A privatización do sistema de saúde está dando lugar a un empeoramento da asistencia, como sucedeu no resto de países onde se ten aplicado este modelo.

Por elo, cando vostede considere que:

  • – Foi mal atendido.
  • – Que os tempos de espera son muy longos.
  • – Que a plantilla é insuficiente.
  • – Que o presionan para levalo a un centro privado.
  • – Que a alta hospitalaria prodúcese antes de tempo.
  • – Ou calquera outro problema que afecte á calidade asistencial.

Debe de reclamar por escrito. Sin reclamación por escrito non hai posibilidade de obrigar á administración a millorar a asistencia sanitaria.

Co fin de esixir a millora da calidade asistencial e frear o deterioro que está causando este proceso privatizador, sería imprescindible que a opinión pública tivese coñecemento, tanto das deficiencias de estos hospitais, como das que están sufriendo secundariamente todos os centros sanitarios públicos (hospitais, centros de especialidades, centros de saude, etc.).

Por esta razón, pode contactar con nós describindo a deficiencia detectada e enviándoa ó correo:defensasanidade@gmail.com

Esta é a nosa Web: http://defensasanidadecoruna.tk

O noso obxetivo é facer públicas todas as deficiencias do sistema.

Asesoramento xurídico gratuito para os casos de neglixencia, omisión do deber de socorro ou denegación de auxilio.

Stop mortes no Mediterráneo!

STOP MORTES NO MEDITERRÁNEO!

Sábado 9 de mayo no Paseo Marítmo

cartel definitivo

– O acto consistirá nunha performance alusiva aos milleiros de persoas que, fuxindo dos conflitos, da persecución ou da pobreza, perderon a súa vida no Mediterráneo.
No primeiro cuadrimestre deste ano 2015, a cifra de mortos multiplicouse por cen en comparación co ano 2014.
Nembargantes, os políticos europeos miran para outro lado. A pesares dos chamamentos internacionais, os Estados europeos decidiron poñer máis recursos, pero non para salvar vidas senón para protexer as súas fronteiras.
E mentres as persoas morren.
¿Ata cándo?. ¿Cántas persoas máis deben morrer para que os gobernos europeos entendan que deben antepor a protección das persoas?
– Os organizadores aconsellan aos que desexen participar no acto que vaian completamente vestidos con roupa negra e que se dirixan o sábado ás 12,30 horas a calquera dos dous puntos de encontro fixados: a fonte dos surfistas ou a beira do Playa Club de Riazor. Dende ámbolos  dous puntos marcharán en fila polo paseo marítimo ata adentrarse na praia, na que terá lugar a performance.
Convocan:
  • África Universal, Amnistía Internacional, Asociación Veciñal da Agra do Orzán AGRA, Comunidade Cristiana Vangarda Obreira, Domu África, Foro Galego de Inmigración, Fronte Cívica, La Paz, Médicos do Mundo, Mundo sen Guerras e sen Violencia, ONG Viraventos, SOS Racismo Galicia, Stop Desafiuzamentos

II Semana Galega de Loita contra ás fronteiras: os voos da vergonha

  • Na Coruña:
    Concentración: mércores 25 ás 11:30h na Subdelegación de Goberno, Avda. da Mariña, s/n
  • Charla – coloquio, mércores 25 as 21:00h en rúa Marqués de Pontejos, 7

1-FronteirasA5_1

Juzgado por resistirse a la violencia policial

Anotación

El próximo miércoles 15 de Octubre está convocada una concentración de apoyo a Peter, vendedor ambulante nigeriano en la puerta de los Nuevos Juzgados.

Será juzgado por resistencia a la autoridad, tras haber sido golpeado (con secuelas que permanecen un año después) por estar vendiendo pañuelos de papel en un semáforo.

El acoso policial continúa en el juzgado.

La policía debería perseguir a los delincuentes y no a las personas que tratan de ganarse la vida honradamente.