Campaña “S.O.S. dereitos das persoas migrantes en grave perigo”

DSCN1661O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN desenvolveu un Acto Público de Presentación da Campaña: SOS DEREITOS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO! este martes día 13 de maio no local da Asociación Veciñal da Agra do Orzán AGRA.

No ACTO PARTICIPARON, CON APOIO EXPLÍCITO A CAMPAÑA:
Gloria Vázquez (Ve-la Luz, asociación de violencia de género)
Carlos Parrado (Asociación Veciñal da Agra do Orzán AGRA)
Anna Diop (Asociación de mujeres inmigrantes Domu África)
Mamadou Moustapha Beye (Asociación La Paz Dahira Salam Toura de A Coruña)
Laura del Río (Grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes)
Xosé Manuel Carril (Grupo municipal Bloque Nacionalista Galego)
Moussa Seck (Asociación África Universal)
Patxi Hurtado (Ecos do Sur)
Marisa Fernández (Mundo sin Guerras y sin Violencia)
Bran González Patiño (15M de Montealto)
Ricardo Saavedra (Programa “Simplemente Gente” de Cuac FM))
Nicanor Acosta (Forum Propolis)
Rubén Sánchez (Partido Humanista Internacional A Coruña)
Miguel Fernández (Voceiro do Foro Galego de Inmigración)

A Campaña pretende concienciar ao conxunto da sociedade galega do forte impacto que as políticas das diferentes administracións públicas están a producir nos dereitos das persoas migrantes e as intolerables situacións que padecen, parte de:

“ Os aberrantes e vergoñantes  acontecementos que están a suceder nos últimos meses nas Fronteiras españolas de Ceuta e Melilla confirman as denuncias que se viñan realizando de prácticas violentas, posiblemente  delictivas, e en todo caso  irregulares por parte da Policia e da Garda Cívil no “control” desas fronteiras.  Engadimos a iso, o intolerable  anuncio do Goberno Central de realizar cambios lexislativos que regularicen  ese tipo de prácticas (nomeadamente a expulsión inmediata sin garantías legais dos detidos xa no interior do territorio español) e actuacións, que van en contra dos máis elementais principios democráticos e dos dereitos humanos.
E incide, sen esquecer que as agresións que estamos a sufrir afectan ao conxunto da cidadanía, queremos visibilizar neste Documento e nesta Campaña as agresións silenciosas e silenciadas que está a sufrir o colectivo de persoas migrantes, especialmente as que se atopan en situación de irregularidade administrativa, neste momento no Conxunto do Estado e na Galiza.

Salientamos así:

1.- A exclusión sanitaria das persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa, que probablemente sexa a maior e a máis cobarde das eliminacións de dereitos básicos constitucionais e humanos que se teñen producido no Estado Español nestes últimos anos. Un “parche” de beneficencia posto en marcha pola Xunta de Galicia, a través do PGPSP, non limita a gravidade deste feito.

2.- A multiplicación das redadas racistas denunciadas por moitos colectivos e asociacións en diferentes zonas do Estado Español. Denunciadas e recoñecidas, tamén polos propios sindicatos policiais. Esas redadas, teñen na Galiza a forma de identificacións selectivas en lugares públicos como estacións de bus ou tren, centros de saúde, prazas pública, zonas de lecer, etc. Teñen tamén a forma da persecución que as brigadas de estranxeiría realizan con persoas que tentando tramitar a documentación necesaria para regularizar a súa situación, se atopan con visitas policiais nos seus domicilios, que son o primeiro paso para a súa posterior expulsión de territorio español. Perseguíndo así, como se foran perigosas delincuentes, ás mulleres que coidan das nosas persoas maiores ou dependentes, por exemplo.

3.- Outros episodios concretos na Galiza que vimos denunciando nos últimos meses serían por exemplo, a persecución do colectivo de vendedores ambulantes formado por nixerianos ou senegaleses na Coruña ou en Lugo; a aprobación nesa primeira cidade dunha nova Taxa por decomiso de mercadoría orientada a perseguir na práctica a estas persoas tentando “roubarlles” o seu único medio de vida . Outro exemplo sería a desafortunada intervención da Policia Local en concellos da zona do Barbanza na persecución deste colectivo, extralímitandose claramente nas súas funcións, ocorrido no pasado Nadal.

4.- Resulta moi preocupante tamén o aumento dos casos de explotación laboral do colectivo de traballador@s migrantes, de forma concreta no ámbito do emprego doméstico. Estas realidades increméntanse polas dificultades que moitas persoas migrantes teñen para renovar as súas autorizacións de residencia, pola nula flexibilidade amosada pola Administración nesta cuestión. Isto regresa a situacións de irregularidade administrativa e de exclusión por tanto, a persoas e familias que podían levar varios anos residindo e traballando aquí de forma regular.

5.- Salientamos, por outra banda, os recurtes de orzamentos nos servizos sociais e a desaparición práctica dos programas e recursos adicados polas administración públicas galegas e estatais ao colectivo de persoas migrantes. De forma complementaria o escandaloso tixeirazo do 70% dos orzamentos adicados pola Xunta de Galiza á chamada “cooperación internacional”, con cifras similares a nivel estatal ou no ámbito das administracións locais.

6.- A situación dos CIEs (CENTROS DE INTERNAMENTO DE ESTRANXEIROS), tamén denunciada hai tempo, segue a ser tremenda. Éstes pequenos “Guantánamos”, onde se hacinan persoas que o único delicto que cometeron foi atoparse nunha situación de irregularidade administrativa, inevitable porque a lexislación non lles permite regularizarse. Espazos para os que o goberno central ven de aprobar unha lamentable normativa de funcionamento e nos que se transgreden de forma sistemática dereitos humanos. Nós últimos meses coñecemos varios casos de falecementos en situación estranas de persoas nestes Centros, tamén a sorprendente intervención da policía antidisturbios no CIE de Barcelona a pasada noite de fin de ano. Unha vergoña que non deberíamos tolerar durante máis tempo.

Por todo iso a Campaña ¡SOS DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO! que se estenderá ata o mes de xuño de 2014 , pretende buscar o apoio formal de colectivos, asociación, entidades, sindicatos e grupos políticos na defensa dos dereitos das persoas migrantes e contra a persecución policial e administrativa á que se atopa sometido este colectivo na Galiza e no Estado Español.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s